Luns 10
O autor Alberto Taracido e tres rapaces en plano americano con luz vermella
CONCERTO ILUSTRADO: LUMEDOLOOP CON ALBERTO TARACIDO
Lumedoloop é un proxecto de rap galego, conformado por Jamas e Møu, de Dios Ke Te Crew, xunto con DJ Mil. En 2026 publicaron o seu álbum de debut, (Re)existencia. Alberto Taracido, de longa traxectoria no cinema de animación e a publicidade, publicou nos últimos meses a súa segunda novela gráfica, O eco dos días rotos, que está a ser todo un éxito.

Teatro Colón

21:15

Entrada gratuíta ata completar a capacidade

Martes 11
Cartel da película The Simpsons coa familia sobre un tellado ardendo
CINE BD. PROXECCIÓN DA LONGAMETRAXE ‘LOS SIMPSON: LA PELÍCULA’
Filme de animación dirixido en 2007 por David Silverman e coescrito por Matt Groening.

Duración: 87 min.

Teatro Colón

17:00

Entrada gratuíta ata completar a capacidade

Cartel da película cunha paisaxe dun lago e un bosque en tonos ocres e verdes
CINE BD. PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL ‘AQUÍ DONDE ESTOY’
Coloquio posterior con María Castro Hernández e Tyto Alba; modera Javier Trigales.

Filme dirixido en 2025 por Álex Cuéllar e Rafa G. Sánchez, de 62 min de duración. Recolle as entrevistas de María Castro Hernández con Gabriel León, supervivente da batalla do Ebro. O proxecto inclúe a novela gráfica homónima de María Castro Hernández e Tyto Alba.

Teatro Colón

19:00

Entrada gratuíta ata completar a capacidade

Xoves 13
Cartel de Alicia
TEATRO INFANTIL. ‘ALICIA!’, DE PEDRAS DE CARTÓN
Espectáculo inspirado no clásico de Lewis Carroll, que mergulla o público nunha viaxe por un mundo fantástico onde reinan o absurdo, a imaxinación e o humor.

Para toda a familia a partir de 3 anos. Duración: 50 min.

Actividade en colaboración coa libraría Galgo Azul.

Teatro Colón

12:00

Entrada gratuíta ata completar a capacidade

Cartel de O Nicho Ilustrado con David Perdomo sentado de perfil
MARATÓN DE PÓDCAST BD (I): ‘EL NICHO ILUSTRADO’
Pódcast de variedades presentado polo actor David Perdomo, no que se mestura a fragrancia dos perfumes coa das viñetas. O espazo contará coa participación de varios convidados e convidadas do festival.

Duración: 75 min.

Teatro Colón

21:15

Entrada gratuíta ata completar a capacidade

Sábado 15
Ilustración dun raposo levando unha páxina xigante de banda deseñada
MARATÓN DE PÓDCAST BD (II): ‘CAMPAMENTO KRIPTON’, ‘EL DIARIO DE KOVACS’, ‘FREAKLAND’ E CUAC FM
Maratón de pódcasts especializados en BD e cultura pop. Contarán como convidados con Raúl García, Carlos González (comisario da exposición de Carlos Giménez), Pep Brocal, Sebas Martín, Paulo Monteiro, Danay Dana e Manel Cráneo, entre outros.

Circo de Artesáns

10:00

Entrada gratuíta ata completar a capacidade

CARRUSEL BD
Microentrevistas ilustradas a Jacobo F. S., Danay Dana, Giovanna Lopalco, Alberto Taracido, Sebas Martín e Paulo Monteiro, conducidas por Neves Rodríguez.

Carpa Rúa BD

19:00