BIBLIOTECA MUNICIPAL SAGRADA FAMILIA
ENDEREZO: Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
TELÉFONO: 981 184 392
PÁXINA WEB: http://www.coruna.es/bibliotecas
CORREO ELECTRÓNICO: bsagradaf@coruna.es
HORARIO
Inverno (16 de setembro ao 14 de xuño):
Luns a venres de 09.00 h a 21.00 h.
Sábado de 10.00 h a 14.00 h.
Verán (15 de xuño ao 15 de setembro):
Luns a venres de 09.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 21.00 h.
Sábado de 10.00 h a 14.00 h.
Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)
MÁIS INFORMACIÓN
A Biblioteca Municipal Sagrada Familia abriu as súas portas ao público no barrio do mesmo nome no ano 1991, froito da vontade dun padroado integrado por unha obra benéfico social e o Concello da Coruña.
Dende entón, o crecemento da afluencia e demandas dos veciños e veciñas, e a súa implementación como lugar de referencia cultural na zona foi constante. Froito desta evolución, ao longo dos anos 2002 e 2003 amplíase e refórmanse as instalacións e os servizos da biblioteca. Actualmente dispón dunha planta de 740m2, organizada en dúas salas e unha aula de formación, ademais do depósito e da zona de traballo.
O barrio de Sagrada Familia ten unha gran densidade de poboación, sendo un dos núcleos máis importantes de poboación inmigrante da cidade.
A Biblioteca Sagrada Familia pódese definir como unha biblioteca de barrio que trata de ser motor de impulso e promoción para a reacción cultural entre os seus veciños e veciñas, ademais dun recurso que posibilite a igualdade social de oportunidades no acceso á información nunha época na que se se adquiriu un valor transcendental.