BIBLIOTECA MUNICIPAL DE LOS ROSALES

ENDEREZO: Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

TELÉFONO: 981 184 389

PÁXINA WEB: http://www.coruna.es/bibliotecas

CORREO ELECTRÓNICO: brosales@coruna.es

HORARIO

Inverno (do 16 de setembro ao 14 de xuño)

Luns a venres de 10.00 h a 14.00 h e de 16.30 h. a 20.30 h

Sábado de 10.00 h a 14.00 h

Verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro)

Luns a venres de 10.00 h a 14.00 h e de 16.30 h a 20.30 h

Sábado de 10.00 h a 14.00 h

Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)

MÁIS INFORMACIÓN

A Biblioteca Municipal dos Rosales inaugurouse en setembro do 2009. Forma parte do Sistema Municipal de Bibliotecas do Concello da Coruña, está situada no barrio dos Rosales, na praza Elíptica, nun edificio compartido co Centro Cívico Municipal dos Rosales.

A biblioteca está situada no centro dunha gran praza rodeada de mágnificos espazos verdes e dun parque infantil. A área de influencia da biblioteca abarca unha poboación de 15.117 habita. segundo datos do 2012, é un barrio novo, o 51% da poboación do barrio está entre os 18 e os 50 anos e mais dun 17% é menor de 14 anos.

A biblioteca encádrase dentro dun edificio municipal compartido co Centro Cívico dos Rosales, actúa como un equipamento sociocultural de proximidade, e dálles servizo e atención ao conxunto dos veciños e das veciñas da súa zona de influencia e especialmente a aqueles sectores sociais con menos posibilidades de acceso ao coñecemento e á práctica cultural, lectora e formativa.