BIBLIOTECA MUNICIPAL

DE MONTE ALTO

ENDEREZO: Rúa Vereda del Polvorín s/n, 3º. 15002 A Coruña

TELÉFONO: 981 184 382

PÁXINA WEB: http://www.coruna.es/bibliotecas

CORREO ELECTRÓNICO: bmontealto@coruna.es

HORARIO

Inverno (16 de setembro ao 14 de xuño)

Luns a venres de 09.00 h a 21.00 h

Verán (15 de xuño ao 15 de setembro)

Luns a venres de 09.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 20.00 h

Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)

MÁIS INFORMACIÓN

A Biblioteca Municipal Monte Alto abriuse ao público en xuño de 1999 e converteuse naquel momento na primeira biblioteca municipal totalmente informatizada, tanto no servizo de préstamo como na xestión de acceso á colección e á oferta de ordenadores de acceso público.

Situada no barrio histórico de Monte Alto, a biblioteca sitúase na terceira planta do centro cívico, igual que o Centro ADCOR-Asociación de Discapacitados Coruñeses.

A biblioteca actúa como un equipamento sociocultural de proximidade e dálles servizo e atención ao conxunto da veciñanza da súa zona de influencia, e especialmente a aqueles sectores sociais con menos posibilidades de acceso ao coñecemento e susceptibles de marxinalidade e á práctica cultural, lectora e formativa.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies
error: La copia es ilegal !!