BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ESTUDIOS LOCALES

ENDEREZO: Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

TELÉFONO: 981 184 386

FAX: 981 184 385

PÁXINA WEB: http://www.coruna.es/bibliotecas

CORREO ELECTRÓNICO: bestudiosl@coruna.es

HORARIO

Inverno (16 de setembro ao 14 de xuño)

De 09.00 h a 15.00 h, os luns, martes e venres; de 09.00 h. a 21.00 h, os mércores e xoves

Verán (15 de xuño ao 15 de setembro)

Luns a venres de 09.00 h a 14.00 h

Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)

MÁIS INFORMACIÓN

A Biblioteca Municipal de Estudos Locais foi inaugurada en 1991. Dentro do Sistema Municipal de Bibliotecas é a biblioteca responsable de recompilar, organizar, conservar e difundir o patrimonio bibliográfico da cidade.

É considerada pola Xunta de Galicia Biblioteca de Especial Interese. O seu fondo especializado en Galicia e fundamentalmente na Coruña está constituído por un conxunto heteroxéneo de formatos e soportes co que se persegue satisfacer as necesidades da información local.

A Biblioteca Municipal de Estudos Locais está integrada no Centro Cultural Salvador Madariaga no que comparte espazo con diferentes institucións, algunhas das cales participan dos seus intereses e ámbito de actuación. É o caso do Arquivo Histórico Municipal, o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, a Asociación da Prensa Coruñesa e o CGAI (Centro Galego de Arte da Imaxe) que contribúen a contextualizar e facilitar o aceso á información local desde diferentes perspectivas.