BIBLIOTECA MUNICIPAL CASTRILLÓN
ENDEREZO: Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña
TELÉFONO: 981 184 390
FAX: 981 184 391
PÁXINA WEB: http://www.coruna.es/bibliotecas
CORREO ELECTRÓNICO: bcastrillon@coruna.es
HORARIO
Inverno (16 de setembro ao 14 de xuño)
Luns a venres de 09.00 a 21.00 h
Verán (15 de xuño ao 15 de setembro)
Luns a venres de 09.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h
do 15 de xullo ao 19 de agosto, non abre polas tardes
Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)
MÁIS INFORMACIÓN
A Biblioteca Municipal Castrillón abriu as súas portas no ano 1996 e en 2008 ampliou as súas instalacións. Conta na actualidade con dúas plantas e un total de 1.200 metros cadrados.
A biblioteca ofrece todos os seus servizos nunha ampla zona xeográfica cun volume de poboación que supera os 19.000 habitantes, o que supón case un 8% da poboación total da cidade.
A biblioteca está situada no centro do barrio e comparte edificio co Centro Cívico de Castrillón, e dálle servizo e atención ao conxunto da veciñanza da súa área de influencia e especialmente a aqueles sectores sociais con menos posibilidades de acceso á información, á formación e o coñecemento doutras formas de oficio.