BIBLIOTECA INFANTIL Y JUVENIL

DURÁN LORIGA

ENDEREZO: Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

TELÉFONO: 981 184 388

FAX: 981 184 385

PÁXINA WEB: http://www.coruna.es/bibliotecas

CORREO ELECTRÓNICO: binfantil@coruna.es

HORARIO

Inverno (do 16 de setembro ao 14 de xuño)

Luns a venres de 16:00 a 21:00 h. En vacacións escolares abre, ademais, de 9.00 a 14.00 h

Sábados de 10.00 h a 14.00 h

Verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro)

Luns a venres de 09.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 21.00 h

Sábados de 10.00 h a 14.00 h

Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Inaugurada en maio de 1991 constitúese como un dos primeiros centros do Sistema Municipal de Bibliotecas da Coruña. Trátase dun equipamento singular xa que é unha biblioteca especializada pola colección coa que conta e o público ao que se dirixe, fundamentalmente públio infantil e xuvenil.

Así, defínese como un centro público de información e promoción lectora que presta servizos especializados a nenos e mocidade, familias, educadores e outros mediadores, así como a entidades do terceiro sector que traballan ou realizan accións no ámbito da mocidade e a infancia. É un espazo de encontro e relación, de lectura e socialización.