GALEGA DE ARTESANS

Oficios ao Sol é unha programación de obradoiros artesanais abertos á participación que se desenvolverán todos os luns e martes durante a celebración da feira.
A participación é gratuíta e a inscrición farase directamente acodindo ao stand de información da feira. O horario xeral dos obradoiros vai ser de 11 a 14 h e de 18 a 21 h.
Non temos servizo de custodia polo que todos os menores de idade terán que estar acompañados e supervisados por un adulto responsable.
Programación dos obradoiros:
– Luns, 29 de xullo, obradoiro de Coiro:
Elaboración de diferentes tipos de follas en pel no que cada participante escollerá en que prefire transformala; chaveiro, broche, imán ou pendentes, aplicando diferentes técnicas da marroquinaría, para un máximo de 6 participantes en quendas dunha hora e media.

Este obradoiro vai a estar impartido pola artesá Ana Novo do taller Tres Caracoles. A idade recomendada para participar neste obradoiro é a partir dos 12 anos – Martes, 30 de xullo, obradoiro de Plegado Papel:
Obradoiro de pregado de libros para facer unha figura con forma de corazón a través dunha plantilla creada pola artesá Miriam Otero titular do obradoiro Mioco Diseños. A participación é a partir de 14 anos. Quendas de tres horas, unha pola maña e outra pola
tarde cun máximo de catro persoas por quenda.
– Luns, 5 de agosto, obradoiro de Ourivería:
Obradoiro colaborativo onde os participantes farán o seu propio colgante coa técnica tradicional da filigrana galega e a artesá Carla Alfaia rematará coa demostración do soldado das diferentes pezas feitas polos participantes. As quendas serán dunha hora e media
cun máximo de 4 participantes. A participación será a partir de 18 anos.
– Martes, 6 agosto, obradoiro de Xoguetes:
Obradoiro onde os participantes poderán rematar un xoguete de madeira coa axuda do artesán Guillermo Rocha do obradoiro Artesanía Silvent. A participación é a partir de 5 anos en quendas dunha hora cun máximo de 4 participantes.
OFICIOS AO
– Luns, 12 de agosto, obradoiro de Bixutaría:
Elaboración dunha pequena peza, coa técnica Miyuki de engastado de delicas de cores, para un máximo de 5 persoas en quendas de tres horas, unha pola maña e outra pola tarde. Este obradoiro está a cargo da artesá Eugenia Domínguez, do taller Artesanía Nia. A idade recomendada para participar neste obradoiro é a partir dos 10 anos.
– Martes, 13 de agosto, obradoiro de Cerámica e Modelado:
Elaboración de pezas elaboradas coa técnica de churros ou copiando unha peza de mostra, para a reprodución de partes do corpo, nariz, boca, ollos, orellas… coa técnica do modelado. Este obradoiro estará a cargo do artesán Victor Ares. A participación é a partir de 6 anos. Quendas de tres horas, pola mañá ou pola tarde, cun máximo de 6 persoas por quenda.
– Lunes, 19 de agosto, obradoiro de Elaboración de Papel:
Elaboración de follas de papel onde todo o público asistente poderá participar no proceso de transformación a partir dunha pulpa obtida dunha peza téxtil convertendose en papel. 

Este obradoiro está a cargo da artesá Pilar Rodríguez do obradoiro Papeles para Sentir. A participación é a partir de 5 anos en quendas que duran de 30 min a unha hora cun máximo de 6 participantes.
– Martes, 20 de agosto, obradoiro de Cerería:
Elaboración dunha vela mediante as técnicas de cerería artesanal. Este obradoiro está a cargo do obradoiro Pecoreados Artesanía. A participación é para idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos en quendas dunha hora e media e cun máximo de 6 participantes.
Esta actividade está organizada por Asociación Galega de Artesáns en acordo co Concello da Coruña e co apoio e colaboración da Fundación Pública Artesanía de Galicia, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.
Para calquera outra información: 981 293 688 (de 9 a 14 h. luns a venres) ou 616 539 251.
wwww.facebook.com/mostrart
www.instagram.com/Feira_Mostrart
Camiño da Igrexa 38 · 15009 A Coruña · 981 293 688 · CIF G15128275 · www.galegadeartesans.org

PROGRAMACIÓN AQUÍ