SERVIZO MUNICIPAL DE BIBLIOTECAS

ENDEREZO: Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

TELÉFONO: 981184384

FAX: 981184385

PÁXINA WEB: http://www.coruna.es/bibliotecas

CORREO ELECTRÓNICO: smb@coruna.es

HORARIO

Luns a venres de 09.00 a 21.00 horas

MÁIS INFORMACIÓN

Para administrar e coordinar a rede de bibliotecas existe un departamento central, o Servizo Municipal de Bibliotecas, que ten entre as súas funcións:

  • Servir de enlace coa área de servizos á cidadanía
  • A xestión administrativa e económica xeral
  • Ademais da coordinación de programas, procedementos e procesos
  • A formación do persoal
  • A difusión dos servizos
  • A concreción de novos obxectivos e novos proxectos
  • E as relacións con outras institucións
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ESTUDOS LOCAIS

ENDEREZO: Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

TELÉFONO: 981 184 386

FAX: 981 184 385

PÁXINA WEB: http://www.coruna.es/bibliotecas

CORREO ELECTRÓNICO: bestudiosl@coruna.es

HORARIO

Inverno (16 de setembro ao 14 de xuño)

De 09.00 h a 15.00 h, os luns, martes e venres; de 09.00 h. a 21.00 h, os mércores e xoves

Verán (15 de xuño ao 15 de setembro)

Luns a venres de 09.00 h a 14.00 h

Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)

MÁIS INFORMACIÓN

A Biblioteca Municipal de Estudos Locais foi inaugurada en 1991. Dentro do Sistema Municipal de Bibliotecas é a biblioteca responsable de recompilar, organizar, conservar e difundir o patrimonio bibliográfico da cidade.

É considerada pola Xunta de Galicia Biblioteca de Especial Interese. O seu fondo especializado en Galicia e fundamentalmente na Coruña está constituído por un conxunto heteroxéneo de formatos e soportes co que se persegue satisfacer as necesidades da información local.

A Biblioteca Municipal de Estudos Locais está integrada no Centro Cultural Salvador Madariaga no que comparte espazo con diferentes institucións, algunhas das cales participan dos seus intereses e ámbito de actuación. É o caso do Arquivo Histórico Municipal, o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, a Asociación da Prensa Coruñesa e o CGAI (Centro Galego de Arte da Imaxe) que contribúen a contextualizar e facilitar o aceso á información local desde diferentes perspectivas.

BIBLIOTECA MUNICIPAL SAGRADA FAMILIA

ENDEREZO: Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

TELÉFONO: 981 184 392

PÁXINA WEB: http://www.coruna.es/bibliotecas

CORREO ELECTRÓNICO: bsagradaf@coruna.es

HORARIO

Inverno (16 de setembro ao 14 de xuño):

Luns a venres de 09.00 h a 21.00 h.

Sábado de 10.00 h a 14.00 h.

Verán (15 de xuño ao 15 de setembro):

Luns a venres de 09.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 21.00 h.

Sábado de 10.00 h a 14.00 h.

Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)

MÁIS INFORMACIÓN

A Biblioteca Municipal Sagrada Familia abriu as súas portas ao público no barrio do mesmo nome no ano 1991, froito da vontade dun padroado integrado por unha obra benéfico social e o Concello da Coruña.

Dende entón, o crecemento da afluencia e demandas dos veciños e veciñas, e a súa implementación como lugar de referencia cultural na zona foi constante. Froito desta evolución, ao longo dos anos 2002 e 2003 amplíase e refórmanse as instalacións e os servizos da biblioteca. Actualmente dispón dunha planta de 740m2, organizada en dúas salas e unha aula de formación, ademais do depósito e da zona de traballo.

O barrio de Sagrada Familia ten unha gran densidade de poboación, sendo un dos núcleos máis importantes de poboación inmigrante da cidade.

A Biblioteca Sagrada Familia pódese definir como unha biblioteca de barrio que trata de ser motor de impulso e promoción para a reacción cultural entre os seus veciños e veciñas, ademais dun recurso que posibilite a igualdade social de oportunidades no acceso á información nunha época na que se se adquiriu un valor transcendental.

 

BIBLIOTECA MUNICIPAL INFANTIL E XUVENIL DURÁN LORIGA

ENDEREZO: Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

TELÉFONO: 981 184 388

FAX: 981 184 385

PÁXINA WEB: http://www.coruna.es/bibliotecas

CORREO ELECTRÓNICO: binfantil@coruna.es

HORARIO

Inverno (do 16 de setembro ao 14 de xuño)

Luns a venres de 16:00 a 21:00 h. En vacacións escolares abre, ademais, de 9.00 a 14.00 h

Sábados de 10.00 h a 14.00 h

Verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro)

Luns a venres de 09.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 21.00 h

Sábados de 10.00 h a 14.00 h

Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)

MÁIS INFORMACIÓN

Inaugurada en maio de 1991 constitúese como un dos primeiros centros do Sistema Municipal de Bibliotecas da Coruña. Trátase dun equipamento singular xa que é unha biblioteca especializada pola colección coa que conta e o público ao que se dirixe, fundamentalmente públio infantil e xuvenil.

Así, defínese como un centro público de información e promoción lectora que presta servizos especializados a nenos e mocidade, familias, educadores e outros mediadores, así como a entidades do terceiro sector que traballan ou realizan accións no ámbito da mocidade e a infancia. É un espazo de encontro e relación, de lectura e socialización.

BIBLIOTECA MUNICIPAL CASTRILLÓN

ENDEREZO: Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña

TELÉFONO: 981 184 390

FAX: 981 184 391

PÁXINA WEB: http://www.coruna.es/bibliotecas

CORREO ELECTRÓNICO: bcastrillon@coruna.es

HORARIO

Inverno (16 de setembro ao 14 de xuño)

Luns a venres de 09.00 a 21.00 h

Verán (15 de xuño ao 15 de setembro)

Luns a venres de 09.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h

do 15 de xullo ao 19 de agosto, non abre polas tardes

Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)

MÁIS INFORMACIÓN

A Biblioteca Municipal Castrillón abriu as súas portas no ano 1996 e en 2008 ampliou as súas instalacións. Conta na actualidade con dúas plantas e un total de 1.200 metros cadrados.

A biblioteca ofrece todos os seus servizos nunha ampla zona xeográfica cun volume de poboación que supera os 19.000 habitantes, o que supón case un 8% da poboación total da cidade.

A biblioteca está situada no centro do barrio e comparte edificio co Centro Cívico de Castrillón, e dálle servizo e atención ao conxunto da veciñanza da súa área de influencia e especialmente a aqueles sectores sociais con menos posibilidades de acceso á información, á formación e o coñecemento doutras formas de oficio.

BIBLIOTECA MUNICIPAL MONTE ALTO

ENDEREZO: Rúa Vereda del Polvorín s/n, 3º. 15002 A Coruña

TELÉFONO: 981 184 382

PÁXINA WEB: http://www.coruna.es/bibliotecas

CORREO ELECTRÓNICO: bmontealto@coruna.es

HORARIO

Inverno (16 de setembro ao 14 de xuño)

Luns a venres de 09.00 h a 21.00 h

Verán (15 de xuño ao 15 de setembro)

Luns a venres de 09.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 20.00 h

Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)

MÁIS INFORMACIÓN

A Biblioteca Municipal Monte Alto abriuse ao público en xuño de 1999 e converteuse naquel momento na primeira biblioteca municipal totalmente informatizada, tanto no servizo de préstamo como na xestión de acceso á colección e á oferta de ordenadores de acceso público.

Situada no barrio histórico de Monte Alto, a biblioteca sitúase na terceira planta do centro cívico, igual que o Centro ADCOR-Asociación de Discapacitados Coruñeses.

A biblioteca actúa como un equipamento sociocultural de proximidade e dálles servizo e atención ao conxunto da veciñanza da súa zona de influencia, e especialmente a aqueles sectores sociais con menos posibilidades de acceso ao coñecemento e susceptibles de marxinalidade e á práctica cultural, lectora e formativa.

BIBLIOTECA MUNICIPAL OS ROSALES

ENDEREZO: Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

TELÉFONO: 981 184 389

PÁXINA WEB: http://www.coruna.es/bibliotecas

CORREO ELECTRÓNICO: brosales@coruna.es

HORARIO

Inverno (do 16 de setembro ao 14 de xuño)

Luns a venres de 10.00 h a 14.00 h e de 16.30 h. a 20.30 h

Sábado de 10.00 h a 14.00 h

Verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro)

Luns a venres de 10.00 h a 14.00 h e de 16.30 h a 20.30 h

Sábado de 10.00 h a 14.00 h

Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)

MÁIS INFORMACIÓN

A Biblioteca Municipal dos Rosales inaugurouse en setembro do 2009. Forma parte do Sistema Municipal de Bibliotecas do Concello da Coruña, está situada no barrio dos Rosales, na praza Elíptica, nun edificio compartido co Centro Cívico Municipal dos Rosales.

A biblioteca está situada no centro dunha gran praza rodeada de mágnificos espazos verdes e dun parque infantil. A área de influencia da biblioteca abarca unha poboación de 15.117 habita. segundo datos do 2012, é un barrio novo, o 51% da poboación do barrio está entre os 18 e os 50 anos e mais dun 17% é menor de 14 anos.

A biblioteca encádrase dentro dun edificio municipal compartido co Centro Cívico dos Rosales, actúa como un equipamento sociocultural de proximidade, e dálles servizo e atención ao conxunto dos veciños e das veciñas da súa zona de influencia e especialmente a aqueles sectores sociais con menos posibilidades de acceso ao coñecemento e á práctica cultural, lectora e formativa.

BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁGORA

ENDEREZO: Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

TELÉFONO: 981 189 886

FAX: 981 189 887

PÁXINA WEB: http://www.coruna.es/bibliotecas

CORREO ELECTRÓNICO: bagora@coruna.es

HORARIO

Inverno (16 de setembro ao 14 de xuño)

Luns a venres de 09.00 h. a 21.00 h

Sábados de 10.00 h a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h

Verán (15 de xuño ao 15 de setembro)

Luns a venres de 09.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 21.00 h

Sábados de 10.00 h a 14.00 h

Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)

MÁIS INFORMACIÓN

A Biblioteca Municipal Ágora, inaugurada en 2012, é a de maior tamaño de todas as que forman a Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña xa que supera os 1700 metros cadrados.

Situada xeograficamente á beira do histórico Barrio de Mariñeiros, dá servizo a unha ampla zona xeográfica, un importante volume de poboación que supera os 20.000 habitantes (San Pedro de Visma, parte de Labañou, Mariñeiros, Peruleiro, Agra do Orzán, Ventorrillo, A Silva e Cances).

A Biblioteca sitúase dentro do Centro Ágora, un equipamento municipal integrado e cunha variada programación dirixida a todo tipo de públicos.

A biblioteca actúa como un equipamento sociocultural de proximidade, dando servizo e atención ao conxunto dos veciños da súa zona de influencia.

 

PUNTO DE SERVIZO BIBLIOTECARIO MESOIRO

ENDEREZO: Centro Cívico Mesoiro. Rúa Os Ancares 15. 15190 A Coruña

TELÉFONO: 981 184 370

PÁXINA WEB: http://www.coruna.es/bibliotecas

CORREO ELECTRÓNICO: bmesoiro@coruna.es

HORARIO

Inverno

Luns a venres: de 17.30 a 20.30 horas

Verán (pechado do 1 ao 15 de agosto)

De 12.00 a 14.00 horas de luns a venres, do 25 de xuño ao 15 de setembro. Sábados de 11.30 a 13.30 h

MÁIS INFORMACIÓN

Entre decembro de 2016 e marzo de 2017 desenvolveuse un proceso participativo chamado Servizos culturais en Novo Mesoiro, no marco de A Porta Aberta que deu como resultado da súa análise e avaliación a forte demanda cidadá dun servizo bibliotecario no barrio de Mesoiro.

Froito deste proceso e conclusións, nace este punto de servizo bibliotecario como paso previo á construción dunha biblioteca.

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies
error: La copia es ilegal !!